jueves, 30 de mayo de 2013

XX Mostra de Viños da Ribeira Sacra en Pantón

Foto: Y, si habéis elegido la ruta del vino de Ribeira Sacra, este fin de semana podréis asistir también a la XX Mostra de Viños da Ribeira Sacra en Pantón que incluye un interesante programa festivo para promocionar los vinos de la subzona Ribeiras do Miño de la Denominación de Origen Protegido Ribeira Sacra. http://bit.ly/Zet6fu

E, si elexistes a ruta do viño da Ribeira Sacra, esta fin de semana poderedes asistir tamén á XX Mostra de Viños da Ribeira Sacra en Pantón que inclúe un interesante programa festivo para promocionar os viños da subzona Ribeiras do Miño da Denominación de Orixe Protexida Ribeira Sacra. http://bit.ly/12OQnnk


Programa 2013:
Sábado 1 de xuño. Ás 10.00 horas terá lugar a XIII Carreira Popular Rota do Románico, e ás 13.00 horas, apertura dos postos de pulpo.
Pola tarde, a partir das 20.30 horas, levarase a cabo a inauguración da XX Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón, e ás 23.00 horas terá lugar unha gran verbena a cargo da orquestra Millenium. Durante todo o día actuará polas rúas a charanga Entre Nós.
Domingo 2 xuño, a partir das 11.00 horas comezarán os pasarrúas a cargo da banda de gaitas O Castro. Ás 12.00 horas celebrarase a Santa misa no salón de actos do Edificio sociocultural. O pregón da Mostra de Viños da Ribeira Sacra dePantón pronunciarase ás 13.00 horas no campo da feira a cargo de Benigno Campos, actor e presentador do programa de cociña Larpeiros.
Pola tarde, ás 18.00 horas, concerto da banda de gaitas O Castro e ás 20.00 horas festa popular coa actuación da orquestra Gran Parada. Durante todo o día actuará polas rúas a charanga Madialeva.
Historia:
A primeira edición da Mostra de Viños daRibeira Sacra tivo lugar en 1993 pola necesidade de dar a coñecer os viños da subzona de Ribeiras do Miño da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, e que desde entón conseguiu traspasar as fronteiras nacionais e venderse xa en diversos países de Europa así como en Latinoamérica e Estados Unidos.
Máis información:

Tfno. Concello de Pantón: 982 456 005

No hay comentarios: