miércoles, 15 de mayo de 2013

Prazas de residencia en Centros Residenciais Docentes



Data:
prazo até 15-06-2013. Extraordinario: 1ª quincena de setembro.
Requisitos:
  • Alumnado que teña a nacionalidade española, dalgún Estado membro da Unión Europea ou doutros países con residencia en España, para iniciar ou continuar estudos nos centros docentes respectivamente adscritos aos centros residenciais da Coruña, Ourense e Vigo, así como os actuais residentes que teñan rematado un nivel educativo ou ciclo e desexen seguir como tales no seguinte nivel ou ciclo e, sempre que existan vacantes, o resto de alumnado residente; terán preferencia neste último caso aqueles que pretendan continuar os estudos da mesma familia profesional e no mesmo nivel educativo.
  • Será necesario que os estudos para os cales solicita a praza de residencia non os poida cursar na localidade de residencia da unidade familiar por non existir un centro sostido con fondos públicos que os imparta, nin nunha localidade próxima, ou porque a distancia entre este e o domicilio familiar e os medios de comunicación dispoñibles impidan un acceso diario con facilidade.
  • Académicos: As persoas solicitantes de praza de residencia deberán reunir os requisitos académicos previstos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para accederen ao curso para que solicitan a praza (non ter máis de 2 materias pendentes). Non se concederá praza de residencia para repetir curso, salvo excepcións.
  • Valoración socioeconómica: renda familiar, composición do grupo familiar, condición de orfandade ou outra situación familiar especial, número de habitantes do lugar de residencia familiar.
  • Prazo e lugar de presentación de solicitudes: até o 15 de xuño de 2013 nos propios centros residencias docentes. Prazo extraordinario: primeira quincena do mes de setembro de 2013, para ensinanzas autorizadas pola Administración educativa con posterioridade á publicación da orde. Así mesmo, poderá presentar solicitudes durante este prazo extraordinario o alumnado que realice ciclos formativos e, excepcionalmente no curso académico 2013/14, o de bacharelato.
Engadir ó meu móbil
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca prazas de residencia nos centros residenciais docentes da Coruña, Ourense e Vigo para realizar estudos postobrigatorios non universitarios no curso 2013/2014.
Centro Residencial Docente I.E.S. UNIVERSIDADE LABORAL
15619 Acea da Ama - O Burgo (Culleredo)
Tlf: 981 660 700
http://www.edu.xunta.es/centros/iescruceirobaleares/
Publicación: DOG 14-05-2013

No hay comentarios: