lunes, 13 de mayo de 2013

Programa Pasarela dirixido a titulados de formación profesional


PasarelafueO Programa Pasarela está dirixido a titulados en formación profesional e ten como obxectivo complementar a súa formación cos coñecementos que máis se están a demandar hoxe en día polas empresas. Informática, idiomas, etc., son algunhas das materias que o programa combina co traballo durante 12 meses nunha entidade punteira.
O candidato complementará o seu traballo cono 80 horas de formación na Universidade Rei Juan Carlos de Madrid, repartidas en módulos presenciais e a distancia, adquirindo os coñecementos necesarios para complementar a súa titulación.
A convocatoria está aberta todo o ano.
Convoca: Universidade Rei Juan Carlos e Fundación Universidade-Empresa
Período de inscrición: Do 8/5/2013 ao 31/12/2013
Non o esquezas, se tes un título de FP dende hai menos de 5 anos e tes menos de 30, este é o teu programa.
Máis información:
Fundación Universidade-Empresa
C/ Pedro Salinas, 11
Edificio Anexo 2ª planta
28043 Madrid
91.548.98.74
mjlora@fue.es
http://www.fue.es/pasarela

No hay comentarios: