miércoles, 22 de mayo de 2013

Certame Benito Losada de Banda Deseñada


festa-fondoAs Xornadas de Banda Deseñada de Ourense convocan o Certame Benito Losada de Banda Deseñada para fixar na memoria colectiva a súa actuación desinteresada, aberta, creativa e impulsora tamén neste ámbito no que propiciou a incorporación ao mundo artístico/profesional de xóvenes autoras/es galegas/os de banda deseñada.
A modalidade serán historias en comic en galego de non máis de 8 páxinas e non menos de 5, con técnica e tema abertos.
Poderán participar, de forma individual ou colectiva as/os cidadáns con domicilio en Galicia, que non superen a idade de 35 anos antes do 1 de xaneiro de 2014.
As/os participantes deberán cumplimentar o formulario de inscrición dispoñible na web http://xornadasbdourense.com adxuntando ademáis a documentación nel requerida ou imprimilo e cumplimentalo acompañando a seguinte documentación:
- Currículo artístico: máximo 280 palabras
- Fotocopia do documento nacional de identidade, no caso de cidadáns galegas/os, ou
- Fotocopia do NIE no caso de cidadáns non españois.
- Dossier formado por unha, dúas ou tres historias curtas, en formato máximo de DIN A3; poden ser orixinais ou estar xa previamente publicadas (neste caso, a/o participanta/e deberá garantir a cesión gratuita dos dereitos de reprodución a efectos da súa difusión impresa e electrónica no marco das publicacións das propias Xornadas de BD de Ourense).
ENVÍO DA DOCUMENTACIÓN CANDO A INSCRICIÓN NON SE FAE VÍA WEB
Nunca se enviarán as obras orixinais, senón copias impresas dixitalmente en alta calidade debidamente protexidas ou soportes dixitais –chave USB, CD, DVD– cos arquivos a tamaño real, con 300 ppi de resolución, en formato TIFF comprimido con LZW, PDF para impresión en alta calidade ou en JPG cun nivel de calidade máximo.
A documentación que consta do formulario de inscrición, o currículo, o documento de identidade e o dossier, e que en ningún caso será obxecto de devolución, se enviará a:
Proxecto Fundación Benito Losada / Difusora de Letras, Artes e Ideas
A/A Xavier Paz
Rúa Bedoya, nº 5 piso 1º dta – 32004 Ourense
Prazos:
No caso de utilizar o formulario web o prazo de presentación finalizará o 10 de setembro de 2013 ás 24 horas.
No caso de utilizar envío postal ou similar o prazo de presentación será ata o 10 de setembro de 2013 ás 24 horas, agás do día 1 ao 31 de agosto ambos incluídos.
En todos os casos, no suposto de documentación incompleta ou errónea, requirirase a subsanación no prazo de 5 días.
Un xurado independente designado pola organización das XXIV Xornadas de BD de Ourense, seleccionará até un máximo de 5 participantes, cuxas obras comporán a exposición do certame e entre eles, os premiados. O seu fallo será inapelable.
Establécense dúas categorías de premios:
Categoría A
Para os participantes maiores de 17 anos (cumpridos antes do 1 de xaneiro de 2014).
- 1º premio de 1.000 €.
- 2º premio de 400 €.
Categoría B
Para os menores de 17 anos (cumpridos despois do 1 de xaneiro de 2014).
- 1º premio de 400 €.
En caso excepcional o xurado poderá declarar deserto algún dos premios.
As Xornadas de Banda Deseñada de Ourense producirán unha exposición coas obras das/os artistas seleccionadas/os con vontade itinerante e as colgarán en PDF na páxina web facendo unha difusión exahustiva delas entre medios periodísticos e profesionais. Está ademáis en trámite o patrocinio da súa publicación impresa.
Máis información en http://xornadasbdourense.com

No hay comentarios: