martes, 21 de mayo de 2013

I concurso nacional fotos de Ibi "Mocidade de hoxe"



fotosA Concellaría de Mocidade do Concello de Ibi (Alacante) convoca o I concurso nacional fotos de Ibi "Mocidade de Hoxe"
O tema das fotografías será: mocidade de hoxe. O número de fotografías a presentar por autor será de dous. As fotografías serán orixinais e inéditas, quedando excluídas as copias, non podendo ser premiadas anteriormente en ningún certamen ou concurso. Os participantes responsabilízanse totalmente de que non existan dereitos de terceiros.
As fotografías presentaranse nun CD no que deberá figurar o lema elixido. Os traballos presentaranse nun sobre branco pechado.
Requisitos:Poderán participar, a título individual todos aqueles mozos residentes en España con idades comprendidas entre 14 e 30 anos.
Premios:Primeiro premio: 250 €
Segundo premio: 150 €
Terceiro premio: 150 €
O prazo para presentar as obras estará aberto ata o 25 de maio de 2013
Máis información en: http://ibijuventud.wordpress.com

No hay comentarios: