martes, 7 de mayo de 2013

Xuventude Galicia Net



Data:
Dende o 10/05/2013 ata o 12/05/2013
Enlace:
http://www.xuventudegalicia.net/
Engadir ó meu móbil
A décimo cuarta edición do Xuventude Galicia Net combinará este ano unha zona intranet, que disporá dunha conexión ininterrompida a internet de 1 gigabit de ancho de banda, cun amplo abano de actividades abertas ao público en xeral (extranet) e con actividades formativas e motivadoras impartidas por poñentes destacados.
Trátase dun encontro multidisciplinar que aborda a tecnoloxía desde practicamente todos os puntos de vista.
  • ZONA DE INTRANET, que é a que precisa de inscrición previa, nela participarán un total de 1.000 persoas, que terán acceso ao servizo de conexión a internet durante os tres días e a proxección de contido multimedia.
    Ademais, os participantes desta área contarán con distintas actividades. Entre elas, destacan os torneos de videoxogos. En concreto, realizaranse competicións do “Future Tournament”, a liga amateur de e-sports que se realiza en toda España. As competicións oficiais serán : League of Legends, Trackmania, Nations Forever, Shootmania Storm, FIFA 2013 ou Super Street Fighter IV. Adicionalmente, tamén haberá torneos de Quake III, Counter Strike 1.6, Minecraf ou Tekken 6. Os usuarios da intranet terán a oportunidade de tomar parte no torneo nacional e no obradoiro de modding (técnica de modificar estética ou funcionalmente partes das computadoras e os compoñentes dos videoxogos), así como no taller de overclocking, no que se explicará como sacar máis rendemento aos ordenadores.
    Requisitos: ter entre 16 e 30 anos.
    Precio:
      - Cota de participación: 6€
      - Cota de participación con Carné Xove: 2
    Bases de participación
  • ZONA DE EXTRANET. Pola súa banda, a zona extranet estará aberta a todo aquel que queira achegarse e por ela está previsto que pasen miles de persoas. Os interesados poderán atopar desde experiencias de “ciencia divertida”, a circuítos de maquillaxe e caracterización.  Estará dispoñible, ademais, un torneo e taller de miniaturas de Warhammer, e torneos dos xogos de cartas Magic ou Yu Gi Oh (o máis vendido de todos os tempos). A música tamén terá o seu espazo a través de demostracións de beatbox ou turnttablish.Na extranet haberá un taller e exhibición de breakdance, e de artes marciais históricas, así como un curso de defensa persoal impartido por mestres titulados da Federación Española de Hapkido. Poderá visitarse unha exposición de consolas e ordenadores clásicos, e un Play Station 3 Center, que incluirá xogo libre e torneos. Isto sen esquecer outras actividades como o scalextrix, futbolín, conecta 4 xigante ou xogos tradicionais.
Nos exteriores do Palacio de Congresos estará instalado un campo de paintball, rocódromo, zurbing e tirolina. Haberá tamén unha exhibición de graffiti.
Lugar:
Palacio de Exposicións e congresos de Santiago de CompostelaRua Miguel Ferro Caaveiro
Santiago de Compostela A Coruña 15707
Información:
Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado
http://www.xuventudegalicia.net/

No hay comentarios: