martes, 14 de mayo de 2013

Acceso ás ensinanzas superiores de Deseño


aappA Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convoca as probas de acceso específicas ás ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2013/14.
Acceso directo:A porcentaxe de prazas sobre o total das ofertadas en cada especialidade para os aspirantes que estean en posesión dun título de técnico superior en Artes Plásticas e Deseño é do 20 %. O 80 % restante será adxudicado mediante a proba específica.
Requisitos de acceso a través da proba:Estar en posesión do título de bacharel e superar a proba específica de acceso.
Inscrición para realizar as probas:A inscrición farase na secretaría na Secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño de Galicia elixida en primeira ou única opción ata o día 6 de xuño.
As probas específicas de acceso levaranse a cabo o día 20 de xuño na EASD Pablo Picasso da Coruña.
O alumnado que obteña praza deberá formalizar a súa matrícula entre os días 8 e 15 de xullo.
Máis información no DOG do 14 de maio de 2013 e en http://www.edu.xunta.es

No hay comentarios: