jueves, 16 de mayo de 2013

Nova convocatoria do proceso de Acreditación de Competencias Profesionais


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sensible ás necesidades dos traballadores e traballadoras que demandan unha certificación oficial da súa cualificación procede a convocar o proceso de acreditación de competencias profesional adquiridas a través da experiencia laboral para o ano 2013.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ten previsto publicar o próximo luns, día 20 de maio no Diario Oficial de Galicia (DOG) unha nova convocatoria do proceso de acreditación de competencias profesionais.
O período de presentación de solicitudes será de 20 días a partir do día seguinte ao de publicación no DOG.
A relación de unidades de competencia e prazas obxecto de acreditación nesta convocatoria, con indicación das cualificacións profesionais ás que están asociadas, así como a súa relación cos certificados de profesionalidade e ciclos formativos de grao medio e superior, poden consultarse nos seguintes arquivos:

No hay comentarios: