martes, 14 de mayo de 2013

Acceso ás ensinanzas superiores de Música


jazz-band-2-LGU












A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación
Educativa convoca as probas de acceso específicas ás ensinanzas
superiores de Música para o curso 2013/14.

Requisitos de acceso:Estar en posesión do título de bacharel ou
titulación declarada equivalente, ou ter superado a proba de acceso
á universidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica
de acceso.
Inscrición para realizar as probas:A inscrición farase na
secretaría dos conservatorios superiores de música de Galicia
ata o día 7 de xuño.

As probas específicas de acceso comezarán o día 25 de xuño.
O alumnado que obteña praza deberá formalizar a súa matrícula
entre os días 4 e 15 de xullo.
Máis información no DOG do 14 de maio de 2013 e
en http://www.edu.xunta.es

No hay comentarios: