jueves, 16 de mayo de 2013

Prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental


A Consellería de Medio Ambiente convoca subvencións para o financiamento de actuacións destinadas á prevención, protección, mellora e coñecemento ambiental (http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130507/AnuncioCA02-260413-0002_gl.html).
Poderán solicitar estas axudas as entidades sen ánimo de lucro:
- As asociacións e fundacións.
- Os sindicatos e asociacións profesionais e empresariais.
- Os clústers empresariais galegos.
- Os centros tecnolóxicos.
- As cooperativas sen ánimo de lucro.
- Outras que, aínda carecendo de personalidade xurídica, se axusten aos requisitos sinalados.
- Actuacións subvencionables:
- Redución das emisións de gases efecto invernadoiro á atmosfera.
- Xestión e uso sustentable dos recursos e os residuos: reciclaxe.
- Realización de estudos de análise e avaliación de riscos ambientais sectoriais.
- Realización de xornadas técnicas, seminarios, accións formativas, foros ou premios dirixidos á difusión de técnicas, metodoloxías, ferramentas innovadoras ou intercambio de boas prácticas en materia ambiental.
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata 7 de xuño de 2013
.
Máis información no DOG do 7 de maio de 2013

No hay comentarios: