viernes, 31 de mayo de 2013

Aula Mentor


aulaAula Mentor é unha iniciativa de formación aberta, flexible e a través de Internet, promovida polo Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.
Todos os cursos de Aula Mentor se encontran agrupados por áreas formativas: Informatica e internet, redes e equipos informáticos, deseño e autoedición, instalacións, certificación académica Cisco, ofimática, programación, ecoloxía, deseño web, medios audiovisuais, saúde, educación, carácter profesional, emprendedores, enerxía, cultura e formación xeral.
A matricúla pode realizarse durante todo o ano (exceptuando agosto) na aula elixida polo alumno/a, en Galicia existen aulas en todas as provincias.
O prezo dos cursos é de 24 € mensuais (poden darse variacións dependendo da aula).
Cada curso ten unha duración mínima en función do número de entregas ao titor. Unha vez que o alumno finaliza todas as actividades do curso, logo de autorización do seu titor, pode presentarse a exame e obter un certificado de aproveitamento se o supera.
Podes encontrar toda a información en a paxína web: http://www.mentor.mec.es/

No hay comentarios: