martes, 14 de mayo de 2013

X Festival de Cans, do 22 ao 25 de maio



524571_10151505088939454_1732252455_n
Falta pouco máis dunha semana para que chegue a X edición do festival cinematográfico agroglamouroso por excelencia, o de Cans. Alí poderedes asistir durante catro días a estreas de curtas, documentais, longametraxes, videoclips, etc. Ademáis das proxeccións, haberá outras actividades paralelas, como concertos, pasarrúas, desfiles de chimpíns, sendeirismo… O mellor é que lle botedes un ollo ao programa de este ano e vexades o que vos interesa.
Como en anos anteriores, todo o que ven no programa é de entrada libre ata completar aforo, salvo os pases das curtas que entran a concurso. Recentemente os medios fixéronse eco do rápido esgotamento das primeiras 400 entradas que se puxeron a venda a semana pasada. Pero tranquilos, se queredes ir a ver as curtas da sección oficial, este xoves día 16 a partir das 19:00 poranse a venta o resto das entradas no Local Social de Cans. As entradas soltas custan 10€, e tamén tedes un pack entrada + camiseta + pegatina por 18€.
¿Cómo chegar ata Cans?
Cans é unha parroquia de Porriño á que se accede principalmente a través da autovía A52 (a que vai ata Ourense), aínda que como Cans é pequeno e vai a estar petado, non é recomendable que levedes o coche ata alí. Dende a organización recomendan ir ata Porriño, aparcar alí e pillar un dos buses que van e veñen de Cans estes días e que o billete custa 1€ para todo o día (fagas as viaxes que fagas). Neste enlace á web do Festival veñen os lugares onde podedes deixar o coche e os horarios e as paradas dos buses.
Máis información:

No hay comentarios: