jueves, 9 de mayo de 2013

Concurso REAJ Lugares de España: Gaña unha fin de semana para dúas persoas en cualqueira dos 260 Albergues Xuvenis REAJ



A Rede Española de Albergues Juveniles (REAJ) pon en marcha un concurso de fotografía para dar a coñecer diferentes lugares de España, tratando de demostrar que “ non fai falla ir lonxe para coñecer lugares marabillosos”.
Preténdese así fomentar o turismo, mostrando os albergues xuvenís o como unha opción de calidade e a prezo reducido.
Para concursar terás que enviar unha fotografía de “un lugar marabilloso de España”, acompañado do nome dun Albergue Xuvenil onde poidas aloxarte para visitar ese lugar. O premio será unha estancia de dous días para dúas persoas en réxime de aloxamento e almorzo en calquera dos 260 Albergues Xuvenís que a REAJ ten en España.
Todas aquelas persoas que queiran participar deben seguir os seguintes pasos:
1. Darlle a “Gústame”
na súa páxina de Facebook: https://www.facebook.com/alberguesjuveniles
2. Enviar unha fotografía de “Un lugar maravilloso de España”. Só se poderá enviar unha fotografía por persoa. Debe ser una fotografía tomada por ti, xa que en ningún caso se aceptarán imaxes sacadas de Internet.
1. Debes enviala a: contacto@reaj.com , xuntando no mail o seguinte:
1. Fotografía de “un lugar maravilloso de España”
2. Nome do lugar no que se fixo a fotografía
3. Nome dun Albergue Xuvenil REAJ próximo a ese lugar, ou que estea na mesma provincia (podes consultalos en www.reaj.com)
4. O teu nome e apelidos
5. Datos para que poidan contactar contigo no caso de resultar gañador (Como mínimo, dirección de mail, e recomendase que des tamén o teu teléfono para que sexa máis fácil localizarte).
A medida que a REAJ vaia recibindo as fotografías, irá subíndoas ao Álbum de Facebook que creará para iso, así como a Pinterest, para poder compartir con todos os lugares tan marabillosos que temos en España. No referido aos dereitos de autor, cada vez que a REAJ use unha imaxe vosa aparecerá acompañada do voso nome, recoñecéndovos así a autoría do voso nome.
Unha vez finalice o prazo de recepción das fotografías, o xurado da REAJ seleccionará as tres mellores fotografías, e serán sometidas a votación popular no Facebook. Aquela que consiga máis votos será a gañadora, podendo disfrutar a persoa autora da mesma dunha estancia de dous días para dúas persoas en réxime de aloxamento completo e almorzo en calquera dos 260 Albergues Xuvenís que a Reaj ten en España.
Prazos do Concurso REAJ
“Lugares de España”
:
• Prazo para a recepción de fotografías no correo:
contacto@reaj.com
Dende o 25 de abril de 2013 ata o 8 de maio de 2013 ás 23:00 horas.
• Publicación dos finalistas e apertura do prazo de votación popular:
O día 9 de maio de 2013
• Prazo da votación popular:
Do 9 de maio de 2013 ata o 16 de maio de 2013 as 10:00 da maña.
*No seguinte enlace pódese ler máis información sobre o concurso:
www.hostelsenelmundo.com/es/noticias/263-concurso-reaj-lugares-de-espana
*As bases completas se poden consultar en:
http://www.hostelsenelmundo.com/es/noticias/262-bases-del-concurso-concurso-reaj-lugares-de-espana-

No hay comentarios: