jueves, 23 de mayo de 2013

Varios cursos de monitores/as de tempo libre

Curso de monitor de tempo libre en Ourense

A Escola de Tempo Libre Xirxilar vai impartir un curso de monitores de actividades de tempo libre en Ourense do 1 de xullo ao 1 de agosto de 2013, en horarios de 9 a 14h e de 16 a 20h de luns a venres.
- Máis información: Tel.: 988 22 33 77
- Web: www.xirxilar.com

Curso de monitor/a de tempo libre

A escola de Tempo libre Fesan organizará un curso de monitor/a de tempo libre en Irixoa. O curso comezará no mes de xuño, de luns a venres en horario de 10:00 a 14:00 horas. O curso ten un coste de 250 €, o pago poderase fraccionar en dous prazo, un de 150 € ao formalizar a matrícula e 100 € ao remate.
O curso realizarase se hai un mínimo de 20 persoas anotadas.
Maís información e inscricións: tel 981 793 001

Curso de Monitor/a de tempo libre en Curtis

O Concello de Curtis convoca un curso de monitor de tempo libre que se celebrará durante o verán en horario de fin de semana de 9 a 14 e de 16 a 21 horas.
O prazo remata o día 31 de maio, e será necesario que haxa un mínimo de 20 participantes para que o curso se leve a cabo.
O prezo é de 250 €, pero existe a posibilidade de pagalo en fraccións.
Máis información na OMIX de Curtis, teléfono 981 789 003

No hay comentarios: