lunes, 13 de mayo de 2013

Ainda non sacaches o carné de conducir? Axudámosche?


carne_de_conducirA Consellería de Traballo e Benestar, a través da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, co obxectivo de mellorar a empregabilidade dos mozos e mozas e de fomentar unha condución segura e responsable, pon ao teu alcance a obtención do carné de conducir.
Se tes entre 18 e 30 anos, resides en Galicia e, ademais, cumpres os seguintes requisitos:
  1. Es titular do carné xove
  2. A túa unidade familiar non ten ingresos superiores aos sinalados na orde (entre 2,5 e 3 veces o IPREM, dependendo da composición da unidade familiar).
  3. Estás matriculado nunha autoescola (no caso de que non teñas xa o carné de conducir, expedido con posterioridade ao 1 de xaneiro deste ano)
PODES OBTER UNHA AXUDA DE 250 €!
Consulta a convocatoria aquí

No hay comentarios: