viernes, 3 de mayo de 2013

Probas libres para a obtención de títulos de formación profesional LOXSE extinguidos



Data:
Dende o 10/05/2013 ata o 20/05/2013 solicitudes para a 2ª convocatoria que realizarase no mes de xuño
Organizada por:
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
Requisitos:
      - Ter cursado un ciclo formativo da LOXSE, actualmente extinguido, nalgún centro educativo de Galicia.
- Non estar matriculado no curso académico 2012-2013 no título equivalente establecido segundo a LOE.
Enlace:
http://www.edu.xunta.es/fp/titulos-extinguidos-loxse
Engadir ó meu móbil
Estas probas van dirixidas ás persoas que cursaron títulos de formación profesional (LOXSE) en Galicia, e que neste momento deixaron de impartirse pola implantación dos novos títulos LOE.
      Disporase de dúas convocatorias:      
- A primeira realizarase no mes de setembro de 2012, antes do comezo das actividades lectivas.
- A segunda realizarase no mes de xuño de 2013, coincidindo co remate das actividades lectivas. Rematadas as dúas convocatorias, a persoa que aínda teña módulos pendentes e desexe finalizar os seus estudos deberá matricularse nas ensinanzas do título equivalente.
PRAZOS DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:
-
Para a 1ª convocatoria, no mes setembro: do 10 ao 20 de xullo de 2012.
- Para a 2ª convocatoria, no mes de xuño: do 10 ao 20 de maio de 2013.
LUGARES DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES: nos centros públicos que ofreceran as correspondentes ensinanzas no momento da súa extinción.
PUBLICACIÓN: DOG do 3 de xullo de 2012RELACIÓN DE CICLOS FORMATIVOS E CENTROS PÚBLICOS: Anexo I da Orde.
INFORMACIÓN:
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria 
Departamento territorial da Coruña
Edificio administrativo de Monelos
Praza de Luis Seoane, s/n, 7º andar
15071- A Coruña
Tel.: 981 184 701
www.edu.xunta.es/fp

No hay comentarios: