A Dirección Xeral de Belas Artes e Bens Culturais e de Arquivos e Bibliotecas convoca o certame de fotografía sobre cultura popular, correspondente a 2013. O Certame de Fotografía sobre Cultura Popular pretende destacar os mellores traballos fotográficos que poñan de relevo as diferentes formas de vida e pensamento dos pobos e individuos que compoñen as diversas culturas do Estado español. Os traballos fotográficos que se presenten ao Certame deberán ser orixinais, inéditos e recentes. Os traballos fotográficos versarán sobre calquera aspecto dos modos de vida e pensamento que conforman a cultura popular nos distintos territorios de España, e haberán de significarse polo seu valor antropolóxico para o coñecemento e a difusión de tales expresións culturais na sociedade española. Os traballos fotográficos que se presenten ao Certame conterán unha reportaxe de tres a cinco fotografías sobre o mesmo tema. O tamaño das fotografías será de 24 a 30 centímetros (lado menor), por 30 a 40 centímetros (lado maior). Premios:Primeiro premio: 1.950 €. Segundo premio: 1.300 €. Terceiro premio: 650 €. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 27 de xuño de 2013. Máis información no BOE do 28 de maio de 2013 |
martes, 28 de mayo de 2013
Certame de fotografía sobre cultura popular
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario