miércoles, 15 de mayo de 2013

Probas de acceso específicas ás ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2013-2014


Data:

comezarán o día 26 de xuño, de acordo co calendario que estableza a comisión de acceso.
Data de inscrición:
Dende o 15/05/2013 ata o 14/06/2013
Entrada:
Taxas: 60 €
Organizada por:
Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Requisitos:
  • Requirirase estar en posesión do título de bacharelato ou título declarado equivalente, ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica de acceso.
  • As persoas que non estean en posesión do título de bacharelato ou equivalente, e teñan 19 anos cumpridos no ano de realización das probas deberán superar antes unha proba de madureza en relación cos obxectivos do bacharelato.
Enlace:
www.esadgalicia.com
Engadir ó meu móbil
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca as probas específicas de acceso ás ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2013-2014.
PROBA ESPECÍFICA O sistema de acceso constará dunha única proba que comprenderá dous exercicios.
1) O primeiro exercicio, común a todas as especialidades, consistirá en dúas probas escritas: a primeira versará sobre a análise dun fragmento dunha obra dramática e a segunda versará sobre a análise dun fragmento dun ensaio teatral.
2) O segundo exercicio estará referido á especialidade pola que opten:
  • Especialidade de Interpretación:
    a) Traballo en grupo.
    b) Traballo de interpretación.
    c) Entrevista persoal.
  • Especialidade de Dirección Escénica e Dramaturxia: a) Proposta de escenificación sobre unha escena extraída das obras de lectura obrigatoria.
    b) Escrita dunha escena ou texto a partir dunha situación dramática.
    c) Comentario dun texto relacionado coa dirección escénica e a dramaturxia.
    d) Proba de dirección de actores.
    e) Entrevista persoal.
  • Especialidade de Escenografía:
    a) Realización dun debuxo do natural.
    b) Realización dun deseño de escenografía a partir dun texto proposto.
    c) Comentario dun texto relacionado coa escenografía.
    d) Entrevista persoal.
INSCRICIÓN: do 15 de maio ao 14 de xuño de 2013, na secretaría da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.
* No caso de aspirantes que teñan pendente a superación da proba de acceso para maiores de 19 anos, farano constar na solicitude.
• LISTA PROVISORIA DE PERSOAS ADMITIDAS: 17 de xuño.
• PRAZO DE RECLAMACIÓN: entre os días 17 e 18 de xuño.
• LISTA DEFINITIVA: 19 de xuño, exposta en www.edu.xunta.es
DATAS DAS PROBAS:
As probas específicas de acceso comezarán o día 26 de xuño, de acordo co calendario que para tal efecto estableza a comisión de acceso.
PUBLICACIÓN: DOG 14-05-2013
MÁIS INFORMACIÓN:
ESCOLA SUPERIOR DE ARTE DRAMÁTICA DE GALICIA (ESAD) Rúa Poza Cabalo, s/n. 36212 Vigo (Pontevedra)
Tel.: 986 246 399 / 986 137 024
Fax: 986 138 075
esad.galicia@edu.xunta.es
www.esadgalicia.com

No hay comentarios: