martes, 14 de mayo de 2013

Acceso ás ensinanzas superiores en Conservación e Restauración de Bens Culturais


bensculturaisA Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa convoca as probas de acceso específicas ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2013/14.
Requisitos de acceso:Estar en posesión do título de bacharel ou titulación declarada equivalente, ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica de acceso.
Inscrición para realizar as probas:A inscrición farase na secretaría Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia ata o día 13 de xuño.
As probas específicas de acceso comezarán o día 25 de xuño.
O alumnado que obteña praza deberá formalizar a súa matrícula entre os días 4 e 15 de xullo.
Máis información no DOG do 14 de maio de 2013 e en http://www.edu.xunta.es
Escola: http://gradoconservacionbbcc.es

No hay comentarios: