miércoles, 22 de mayo de 2013

Convocados os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2011/12


Convócanse, por proposta da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, premios extraordinarios de formación profesional para o alumnado que realizou estudos de formación profesional de grao superior no curso 2011/12 nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia e que os rematou no ano 2012.

  • Poderá optar aos premios extraordinarios de formación profesional o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
1. Ter rematados os estudos de formación profesional de grao superior no ano 2012 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia.
2. Ter obtido unha cualificación final media de todos os módulos igual ou superior a 8,50. Esta obterase como media aritmética das cualificacións dos módulos que compoñen o ciclo formativo, e non se computarán os que fosen cualificados cos termos de apto, validado ou exento. A nota media expresarase con dous decimais, arredondando á centésima máis próxima e en caso de equidistancia á superior.
  • O prazo de presentación de solicitudes do 01/02/2013 - 28/02/2013.
  • A tramitación poderase facer electronicamente segundo as instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.es.

- Acceda a publicación, no DOG do 31 de xaneiro de 2012, da ORDE do 21 de xaneiro de 2013 pola que se convocan os premios extraordinarios de formación profesional de grao superior correspondentes ao curso 2011/12.

No hay comentarios: