Poderán concorrer ao premio todos os
autores de calquera nacionalidade que presenten os orixinais escritos en
lingua galega ou portuguesa. Os textos deberán ser inéditos cun mínimo
de 150 folios a dobre espazo. Valoraranse o rigor, a innovación
metodolóxica e o interese para a sociedade.
Os traballos de Historia Medieval de Galiza comprenderán toda a etapa
medieval. Os traballos de Historia Medieval de Portugal cinguiranse ao
período de historia en común.
Presentarase o orixinal e cinco copias.
Con cada orixinal, que deberá ser presentado baixo lema, xuntarase, en
sobre pechado, o nome completo, enderezo e teléfono do autor, así como o
título da obra.
Editorial Toxosoutos
Cruceiro do Rego, 2 - Obre
15217 NOIA (A Coruña)
Dotación: O premio considerará nomeadamente, un gañador, ao que se lle asigna unha dotación económica de 4.000 €, e un finalista, que recibirá unha cantidade de 1200 €. En ambos os dous casos, os traballos serán publicados pola Editorial Toxosoutos na súa colección Trivium, renunciando os autores aos dereitos da primeira edición, tanto en galego como noutras linguas de posíbel publicación por parte da devandita editora. Aínda que os premios poderán quedar desertos ou ser compartidos en calquera das categorías sinaladas.
Máis información
No hay comentarios:
Publicar un comentario