martes, 30 de octubre de 2012

Concurso fotográfico Casa da Xuventude de Chantada



papel-camaraA Casa da Xuventude de Chantada organiza un concurso fotográfico.
Poderán participar todas as persoas que o desexen.
Os traballos presentados serán inéditos e orixinais en branco e negro ou cor.
O tamaño das fotografias será como mínimo de 18X24
O tema do concurso será libre, aínda que haberá un premio especial para a mellor fotografia que teña como tema a natureza, e o número de obras non excederá de catro nin baixará de dúas por autor. Cada foto deberá levar un título.
As obras enviaránse en sobre pechado baixo lema e incluirase plica co nome, apelidos, domicilio, teléfono e email do autor, dirixido a:
Outono Fotográfico
Casa da Xuventude de Chantada
Rúa Rosalía de Castro, 1
27500 Chantada (Lugo)
O prazo de admisión de fotografías estará aberto ata o día 26 de novembro.
Establécense os seguintes premios, que serán entregados nun acto que terá lugar nesta Casa da Xuventude no mes de decembro:
1º Premio: Cámara fotográfica dixital
2º Premio: Reproductor MP4
3º Premio: Trofeo á mellor fotografía sobre a natureza
As obras premiadas quedarán en poder da Casa da Xuventude que se reserva o dereito de publicalas sen máis requisito que o de nomear ó seu autor.
As obras non premiadas poderan recollerse na Casa da Xuventude ata 30 días despois de que remate a exposición, pasando ó seu poder as non retiradas.
A organización dará un trato esmerado ás obras, non responsabilizándose dos desperfectos que poidan sufrir.
Máis información na Casa da Xuventude de Chantada, teléfono: 982 441 614

No hay comentarios: