miércoles, 24 de octubre de 2012

GALICIA POLIS do 5 ao 13 de novembro de 2012: proxecto de democracia participativa



A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar , xunto coa Fundação Bracara Augusta, entidade
responsable da organización de Braga 2012, Capital Europea da Xuventude, a Federação Nacional de Associações Juveniles (Portugal)
e a Federación de Asociacións Xuvenís de Galicia, poñen en marcha o proxecto Galicia Polis.
O proxecto Galicia Polis está enmarcado dentro da acción 1.3 Democracia Participativa do programa europeo Xuventude en Acción.
O obxectivo desta acción é poder desenvolver actividades que permitan aos mozos de toda a Unión coñecer en profundidade como
funcionan os procesos democráticos, así como recoller as propostas dos propios mozos para mellorar a participación xuvenil nestes
procesos.
Na nosa comunidade, Galicia Polis celebrará entre o 5 e o 13 novembro de 2012 unha serie de seminarios preparatorios en 8 localidades
diferentes, para abordar e debater unha serie de temas de interese dende unha perspectiva de democracia participativa.
Posteriormente, entre os días 21 e 23 de novembro, Braga acollerá un seminario final onde se debaterán e se poñerán en común as
conclusións da mocidade lusa e galega, para a elaboración dun documento final.
• Obxectivos do proxecto:
- Analizar, discutir e promover a participación dos mozos e mozas nas políticas de xuventude a través do Diálogo estruturado no eido
das entidades locais das dúas rexións: Galicia e Norte de Portugal.
• Datas , lugares de celebración e temática:
DATA CIDADE HORARIO LUGAR DE CELEBRACIÓN TEMA SEMINARIO
5 de novembro Tui 19-21h. Casa da Xuventude Cooperacións Transfronteiriza
5 de novembro Pontevedra I.E.S. Valle Inclán Iniciativa emprendemento
12 de novembro Lugo 19-21 h. Centro Residencial Lug Emprender no interior
13 de novembro Ourense 19-21h. Residencia Xuvenil Florentino López
Cuevillas
Crea igualdade a través do emprendemento
DATA CIDADE HORARIO LUGAR DE CELEBRACIÓN TEMA SEMINARIO
6 de novembro Vigo 19-21h. Residencia Xuvenil Altamar Voluntariado e asociacionismo
7 de novembro Santiago 12-14 h. Centro coordinador de información
xuvenil
Crise perspectiva
8 de novembro Ferrol I.E.S Saturnino Montejo Emprendemento cultural
9 de novembro A Coruña I.E.S.Calvo Sotelo Cooperativismo
• Destinatarios:
- Mozos e mozas de 18 a 30 anos.
• Número de prazas por convocatoria aberta.
- 30 prazas por seminario.
Os participantes poderanse inscribir en tódalas convocatorias, agás nos centros de ensino que vai dirixida ao alumnado destes centros.
Os participantes para o seminario final do 21 ao 23 de novembro que se celebrará en Braga (Portugal), serán seleccionados de entre
os participantes dos distintos seminarios celebrados en Galicia.
• Prazo de inscrición:
O prazo de inscrición comeza o 16 de outubro e remata:
- O 31 de outubro ás 12:00 horas, no caso do seminario de Tui
- O 5 de novembro ás 12:00 horas, nos casos dos seminarios de Vigo e Santiago
- O 9 de novembro ás 12:00 horas, nos casos dos seminarios de Lugo e Ourense.
Os participantes admitidos recibirán un correo electrónico de confirmación da praza
- Máis información:
- www.xuventude.xunta.es
- xuventude@xunta.es
- 981 544645 - 981 544869
- Formulario de inscrición: http://xuventude.xunta.es/201209288867/seminarios-galicia-polis.html

No hay comentarios: