jueves, 18 de octubre de 2012

IV Afterwork Emprega Talento, “Deseña o teu futuro”, 30 de outubro de 2012.




No marco do proxecto europeo Emprende, o vindeiro 30 de outubro terá lugar o cuarto Emprega Talento organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración con APD (Asociación para el progreso de la dirección). A xornada terá lugar na cidade de A Coruña, no Centro social Novacaixagalicia (r/ Cantón Grande, n.º 21-23).
O prazo de inscrición estará aberto do 17 ao 29 de outubro e as prazas serán cubertas por rigorosa orde de inscrición ata completar aforo.
 Emprega Talento é un espazo de encontro, coñecemento, información e de formación en habilidades, e, sobre todo, en relacións;  un espazo aberto cara a embregabilidade de mozos e mozas, así como para a creación de oportunidades mediante o intercambio e posta en común de ideas. Entre outros, os obxectivos principais de Emprega Talento é a posta en contacto da xente nova coa realidade empresarial actual; unha mostra das demandas das empresas no momento de selección dos seus profesionais e futuros directivos; ofrecer aos mozos e mozas unha alternativa para poder acadar novas oportunidades laborais; promover a participación,  o intercambio de ideas e a colaboración entre os mozos e mozas e os directivos; e fomentar o espírito empresarial da xente nova.
 Emprega Talento inspírase no formato Afterwork, que promove o coñecemento e as relacións de tu a tu, creando un escenario participativo e distendido. A xornada que se iniciará ás 18.00 horas  desenvolverase en dous   bloques:
 -          Bolque I: conferencia – obradoiro” o futuro está nas túas mans e  o liderado optimista”.
 -          Bloque II:  mesa de experiencias prácticas “talento mozo, que buscan as empresas?”
 No transcorrer da tarde os mozos  serán partícipes en relatorios sobre liderado, talento, valores, traballo en equipo, experiencia, éxitos e fracasos, motivación, innovación, ....., poderán ser parte activa  nos relatorios e obradoiros con directivos de recursos humanos de  distintas empresas galegas.
 Para finalizar a xornada, o programa desenvolverase no Espazo Ágora: un punto de encontro que permite as relacións, o intercambio de ideas, a información  o coñecemento a través de actividades paralelas:  obradoiros de búsqueda activa de emprego , workshop de habilidades para o directivo do futuro, traballo en equipo con Show Cooking e Coffee&Talente.
 O proxecto Emprende, financiado polo programa de cooperación transfronteiriza Galicia – Norte de Portugal (POCTEP), ten como obxectivo principal fomentar a creación de empresas, de emprego e autoemprego para mozos e mozas, promovendo actividades que convertan o espazo de cooperación transfronteirizo nun marco atractivo para novas actividades económicas e empresariais.
 Co programa Emprega Talento preténdese unir baixo un mesmo abano  a estratexia da administración pública, neste caso da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, e  de diversas empresas, como o caso de APD, para que o talento da xente moza quede no territorio da nosa comunidade autónoma, ofrecendo á xuventude unha alternativa para detectar oportunidades laborais e promovendo novos proxectos empresariais e o espírito emprendedor dos mozos e mozas da espazo transfronteirizo.
Teléfono número 981 544 645
xuventude@xunta.es  
Formulario de Solicitude

No hay comentarios: