miércoles, 17 de octubre de 2012

Empregabilidade de mozos e mozas menores de 30 anos


formacionO Ministerio de Emprego convoca subvencións para a realización dun programa específico, de ámbito estatal, coa finalidade de cualificar e mellorar a empregabilidade de mozos menores de 30 anos, con especial atención aos que están en situación de desemprego e aos de baixa cualificación, mediante proxectos formativos que inclúan accións de formación profesional para o emprego, prácticas profesionais non laborais en empresas e accións con compromiso de contratación.
Os proxectos poderanse executar dende o 1 de outubro de 2012 ata o 30 de setembro de 2013.
As persoas desempregadas que participen no programa poderán ter dereito a bolsas e axudas de manutención e transporte.
Entidades solicitantes e requisitos:a) As organizacións empresariais e sindicais de ámbito estatal máis representativas.
b) As organizacións empresariais e sindicais representativas no marco da negociación colectiva estatal correspondente aos sectores de formación.
c) As confederacións, federacións e organizacións representativas da economía social de carácter intersectorial con suficiente implantación no ámbito estatal.
d) As asociacións profesionais de traballadores autónomos de carácter intersectorial representativas no ámbito estatal.
e) As fundacións de ámbito estatal que teñan entre os seus fins estatutarios a formación e/ou a recualificación de persoas ocupadas e desempregadas.
prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 5 de novembro de 2012.
Máis información no BOE do 16 de outubro de 2012 e en www.fundaciontripartita.org

No hay comentarios: