martes, 23 de octubre de 2012

XORNADA DE DIVULGACIÓN DA FAUNA ACUÁTICA DO RÍO GAFOS


XORNADADE DIVULGACIÓN DA FAUNA ACUÁTICA DO RÍO GAFOS

¡ para que non vexas só o río coma unha masa de auga!
 Coñece a súa fauna acuática !
A participación é aberta e de balde a tódalas persoas que o desexen

Día : Domingo 28 de outubro do 2012
Lugar de saída:Estación de autobuses de Pontevedra
Hora: 10,00 h


Estas saídas consisten nunha inspección das condicións ecolóxicas dun treito de 500 metros de río. Para elo emprégase a metodoloxía de inspección do Proxecto Ríos, na que avaliamos a calidade do ecosistema acuático fixándonos en tres parámetros fundamentalmente: indicadores biolóxicos (identificación de macroinvertebrados); indicadores físico – químicos da auga (Tª, pH, nitratos, osíxeno disolto e transparencia); indicadores hidromorfolóxicos (calidade do hábitat fluvial e calidade do bosque de ribeira). Ademais, faise inspección de outros aspectos que poidan estar presentes no río como as alteracións e a biodiversidade de organismos que habitan no río. Esta metodoloxía é sinxela e segue as directrices establecidas pola Directiva Marco da Auga para a análise de calidade de masas de auga terrestres superficiais.

MAÍS INFORMACIÓN NO TELÉFONO : 639.813.645 -  Juan Ramón López Dominguez
VAIPOLORÍO protección,estudio e divulgación do Río Gafos - Próximas actividades : www.vaipolorio.org

No hay comentarios: