miércoles, 31 de octubre de 2012

XORNADAS SOBRE DESEMPREGO,EMPRENDEMENTO E AUTOEMPREGO XUVENIL 23 E 24 DE NOVEMBRO.

A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar organiza os vindeiros días 23 e 24 de novembro de 2012 unhas xornadas sobre desemprego, emprendemento e autoemprego xuvenil en Santiago de Compostela, enmarcado dentro do proxecto europeo Xuventude en Acción.
O obxectivo da xornada é analizar a actual situación de desemprego, presentar e compartir boas prácticas para o fomento da empregabilidade, establecer un espazo de traballo en rede, fomentar a inclusión en programas europeos dando a coñecer as posibilidades de finanzamento.
Destinatarios:
Representantes de asociacións xuvenís.
Monitores xuvenís
Técnicos de xuventude de entidades públicas.
Representantes políticos en materia de xuventude
Líderes de organizacións estudantís.
Mozos e mozas non asociados.
Número de prazas:
75 prazas
Prazo de inscrición:
Do 16 de outubro ao 9 de novembro de 2012.
As prazas serán cubertas por rigoroso orde de inscrición.
Requisitos de participación:
Os solicitantes que non reciban correo de confirmación nos dez días seguintes ao rematar o prazo de inscrición, entendérase que non obtiveron praza.
A asistencia a xornada inclúe aloxamento en réxime de pensión completa en cuartos de uso dobre, agás os residentes do Concello de Santiago ou concellos limítrofes.
Os participantes que teñan confirmada a súa praza e non asistan ás xornadas deberán aboar os gastos de reserva de aloxamento e manutención, se non o comunican á organización cunha antelación de 48 horas de inicio da xornada (salvo a non asistencia por causa de enfermidade ou falecemento dun familiar).
Programa de actividades:
Venres 23 de novembro
09.00 horas: chegada dos participantes e entrega de documentación.
10.00 horas: presentación das xornadas por un representante da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.
10.15 horas: grao de coñecemento e explicación do programa “Xuventude en Acción”.
11.00 horas: relatorio sobre o desemprego xuvenil.
11.45 horas: pausa café
12.15 horas: programas europeos para emprendedores.
13.00 horas: panel de experiencias programas Erasmus e Leonardo da Vinci.
14.00 horas: xantar.
16.00 horas: mesa redonda sobre emprendemento e autoemprego xuvenil.
17.15 horas: visita viveiro de empresas.
19.00 horas : fin de xornada.
21.00 horas: cea.
Sábado 24 de novembro
09.30 horas: exposición de políticas de emprego xuvenil en España, Hungría, Italia, Bulgaria, Romanía, Letonia, Turquía, Polonia, Portugal e República Chega.
10.45 horas: relatorio sobre a maduración de ideas para os xóvenes emprendedores.
11.45 horas: pausa café.
12-15 horas: talleres de coaching e liderado empresarial; xestión marketing empresa-redes sociais; e estranxeiras de inclusión para xóvenes con menos oportunidades.
13.45 horas: avaliación.
14.00 horas: clausura da xornada.
15.00 horas: xantar.
O lugar da xornada será confirmada aos participantes.

más info y para apuntarse

No hay comentarios: