martes, 2 de octubre de 2012

Cursos de Condución Segura


A  Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, un ano mais, pon en marcha, cursos de formación en condución segura co obxectivo de achegar á mocidade actitudes seguras no uso do vehículo baseada no coñecemento dos factores de risco,  dos sistemas de seguridade do automóbil e da técnica de condución.CONDUCCION_SEGURA

Destinatarios:
Mozos e mozas con idades comprendidas ente os 18 e 25 anos, imprescindible que saiban conducir.
Non é preciso que sexan titulares de permiso, xa que, a escola dispón de   homologación da DGT.

Datas e lugares de celebración:
Os cursos serán impartidos nas instalacións da Escola Galega de Condutores San Martín SL
Plataforma de Estacionamento nº 2
Polígono Industrial Curtis- Teixeiro
15310 Teixeiro- Curtis ( A Coruña).
Desenvolveranse ao longo de 3 fins de semana de outubro e novembro de  2012 nas seguintes datas:
-          6  de outubro
-          7 de outubro
-          3  de novembro
-          4 de novembro
-          24 de novembro
-          25 de novembro

Inscricións:
Número de prazas 18 por día.
Os participantes serán seleccionados por rigoroso orde de inscrición ata que se cubra a totalidade das prazas.
Os cursos son de  carácter gratuíto.

Programa e normas de desenvolvemento da actividade:
09.00h, recepción de  participantes e entrega de documentación
09.15h, simulador de superficies esvarantes.
10.00h, simulador de curvas (slalom)
11.30h, descanso.
12.00h, clase teórica
14.00h, xantar (por conta do participante).
15.00h, freada con ABS e freada con avaría
16.00, condución por circuíto 1400 metros de longo.
17.30h,  final da xornada
Ao comezo da actividade os monitores/formadores solicitarán a cada participante  DNI ou documento acreditativo semellante.
A persoa que non figure como participante nos datos da organización, será excluída.
Os cambios de titularidade na praza deben ser consultados e autorizados pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, onde se fixo a inscrición.
As actividades poderán sufrir modificacións en función das condicións meteorolóxicas.

Para mais información
xuventude@xunta.es
Teléfonos : 981 54 48 54 e 981 54 46 45
Formulario de Solicitude

No hay comentarios: