miércoles, 24 de octubre de 2012

XVIII certame literario Manuel-Oreste Rodríguez López



O Concello de Paradela convoca o XVIII certame literario Manuel-Oreste Rodríguez López
nas modalidades de narrativa e poesía (http://www.paradela.es/es/content/bases-de-la-xviiiedici%
C3%B3n-del-certamen-literario-manuel-oreste-rodr%C3%ADguez-l%C3%B3pez).
Poderán concorrer anualmente ao certame todos os autores que o desexen, calquera que sexa a súa
nacionalidade, admitíndose unha soa obra por categoría e autor.
Os relatos terán unha extensión máxima de vinte folios, sen mínimo. As obras de poesía terá unha
extensión máxima de 100 versos.
En ambos casos, mecanografiadas (ou a ordenador) e a dobre espazo.
Deberán ser orixinais, inéditos, non premiados en calquera outro tipo de concurso e estar escritos en galego ou en castelán, debendo
estar rematadas con carácter previo á convocatoria.
O prazo de entrega dos relatos e da obra poética rematará o 30 de novembro de 2012.
As obras enviaranse por sextuplicado exemplar, sen sinatura e cun lema, ao seguinte enderezo:
Concello de Paradela
Certame literario
Rúa Cabaleiros de Santiago, nº 15
27611 Paradela - Lugo
En sobre aparte e pechado, constará o lema que distinga o traballo, e no interior o nome e apelidos do autor/a, domicilio, teléfono,
poboación de residencia, declaración formal de que a obra é axustada ás normas contidas na base segunda. Abriranse soamente os
sobres dos traballos premiados.
No caso de que as obras se remitan mediante correo electrónico, á conta: concello.paradela@eidolocal.es, deberán enviarse no mesmo
correo electrónico, dous arquivos en formato PDF, un co contido da obra e outro onde constará o lema que distinga o traballo, no que
conterá, no seu interior, o nome e apelidos do autor/a, domicilio, teléfono, poboación de residencia, e declaración formal de que a obra
é axustada ás normas contidas na base segunda.
Este segundo arquivo será custodiado pola Secretaría do Concello, entregando unicamente ao Xurado a obra e o lema da mesma.
No caso de participación en ambos apartados; deberase concursar en cada modalidade por separado, utilizando un lema propio en cada
caso e presentando a obra por separado.
Premios: establécese un premio de 600 € para a obra que resulte seleccionada polo Xurado dentro do apartado de poesía e outro de
600 € para a obra que resulte seleccionada dentro do apartado de narrativa.
O autor ou autores premiados convocaranse ao acto de entrega de premios, o día que estableza o xurado.
O Concello de Paradela resérvase, en exclusiva, o dereito de edición das obras premiadas e accesits durante o prazo máximo de doce
meses, contados dende o momento do fallo.
Maís información en: www.paradela.es

No hay comentarios: