miércoles, 24 de octubre de 2012

IV Afterwork Emprega Talento, "Deseña o teu futuro", 30 de outubro de 2012.


No marco do proxecto europeo Emprende, o vindeiro 30 de outubro terá lugar o cuarto Emprega
Talento organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración con APD
(Asociación para el progreso de la dirección). A xornada terá lugar na cidade de A Coruña, no Centro
social Novacaixagalicia (r/ Cantón Grande, n.º 21-23).
O prazo de inscrición estará aberto do 17 ao 29 de outubro e as prazas serán cubertas por rigorosa
orde de inscrición ata completar aforo.
Emprega Talento é un espazo de encontro, coñecemento, información e de formación en habilidades, e, sobre todo, en relacións; un
espazo aberto cara a embregabilidade de mozos e mozas, así como para a creación de oportunidades mediante o intercambio e posta
en común de ideas. Entre outros, os obxectivos principais de Emprega Talento é a posta en contacto da xente nova coa realidade empresarial
actual; unha mostra das demandas das empresas no momento de selección dos seus profesionais e futuros directivos; ofrecer
aos mozos e mozas unha alternativa para poder acadar novas oportunidades laborais; promover a participación, o intercambio de ideas
e a colaboración entre os mozos e mozas e os directivos; e fomentar o espírito empresarial da xente nova.
Emprega Talento inspírase no formato Afterwork, que promove o coñecemento e as relacións de tu a tu, creando un escenario participativo
e distendido. A xornada que se iniciará ás 18.00 horas desenvolverase en dous bloques:
- Bloque I: conferencia – obradoiro” o futuro está nas túas mans e o liderado optimista”.
- Bloque II: mesa de experiencias prácticas “talento mozo, que buscan as empresas?”

No transcorrer da tarde os mozos serán partícipes en relatorios sobre liderado, talento, valores, traballo en equipo, experiencia, éxitos
e fracasos, motivación, innovación, ..., poderán ser parte activa nos relatorios e obradoiros con directivos de recursos humanos de
distintas empresas galegas.
Para finalizar a xornada, o programa desenvolverase no Espazo Ágora: un punto de encontro que permite as relacións, o intercambio
de ideas, a información o coñecemento a través de actividades paralelas: obradoiros de búsqueda activa de emprego , workshop de
habilidades para o directivo do futuro, traballo en equipo con Show Cooking e Coffee&Talente.
O proxecto Emprende, financiado polo programa de cooperación transfronteiriza Galicia – Norte de Portugal (POCTEP), ten como obxectivo
principal fomentar a creación de empresas, de emprego e autoemprego para mozos e mozas, promovendo actividades que convertan
o espazo de cooperación transfronteirizo nun marco atractivo para novas actividades económicas e empresariais.
Co programa Emprega Talento preténdese unir baixo un mesmo abano a estratexia da administración pública, neste caso da Dirección
Xeral de Xuventude e Voluntariado, e de diversas empresas, como o caso de APD, para que o talento da xente moza quede no territorio
da nosa comunidade autónoma, ofrecendo á xuventude unha alternativa para detectar oportunidades laborais e promovendo novos
proxectos empresariais e o espírito emprendedor dos mozos e mozas da espazo transfronteirizo.
- Teléfono número: 981 544 645.
- E-mail: xuventude@xunta.es.
- Formulario de Solicitude: http://xuventude.xunta.es/201012028054/emprega-talento.html
- Máis Información: descarga o PDF: http://xuventude.xunta.es/uploads/afterwork-gal_3.pdf


No hay comentarios: