sábado, 20 de octubre de 2012

Novidade: Leite Ecolóxico de Ortigueira, desnatado e semi

 



Hai uns días que escomenzamos a traer leite ecolóxico da Granxa da Serra, situada en Ortigueira e moi perto dos concellos de Moeche e de As Somozas.
O leite que nos traen é de dous tipos, semi-desnatado e desnatado, e complementa o leite enteiro que seguimos a traer de A Cernada e de Arqueixal.
Adxuntamos unhas fotos da granxa e do produto e, nuns días colgaremos tamén un video de presentación, no que entrevistamos a Urbano, a persoa que leva esta granxa.
Este leite está a chegar un día da semana (polo de agora os martes, pero parece que vai quedar no xoves… preguntar na tenda) e pódese encargar na libreta que fica no mostrador da tenda. Traemos tamén algunhas botellas a maiores das encargas, pero poucas, debido á pouca marxe que este produto ten de caducidade (unha semana aproximadamente).
Ademáis de vacas, Urbano tamén cría cabras e dispón de terreo -todo inscrito no CRAEGA- máis que suficiente para o cultivo, polo que é probable que tamén traballemos con el certos produtos de horta que estamos a demandar na coooperativa.
Parece que imos ter abondosas novidades nas vindeiras semanas.

No hay comentarios: