jueves, 25 de octubre de 2012

Programa "Rural-Emprega"

Data:
Inscrición: antes de mediados de novembro, que é cando comenza a selección.
Duración:
A duración será de aproximadamente 6 meses, comenzando a principios de decembro.
Organizada por:
Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos
Requisitos:
  • Este Programa vai dirixido aos seguintes colectivos dos concellos de Abegondo, Aranga, Arteixo, A Coruña, Bergondo, Betanzos, Cambre, Carral, Cesuras, Coirós, Culleredo, Curtis, Irixoa, Miño, Oleiros, Oza dos Ríos, Paderne, Sada e Sobrado dos Monxes: Persoas desempregadas / Mozos e mulleres / Persoas desempregadas en risco de exclusión social / Persoas inmigrantes / Persoas con discapacidade.
  • Terán preferencia os demandantes que cobren prestación ou subsidio por desemprego.
  • É conveniente activar na oficina de emprego a preferencia por "programas integrado" e solitar o curso tanto na oficina de emprego coma na Asociación de Desenvolvemento Rural "Mariñas - Betanzos".
Enlace:
Programa Rural Emprega

O "Programa Rural-Emprega" pretende dar formación a desempregados/as sobre a PRODUCIÓN HORTÍCOLA e de AGROINDUSTRIA E TRANSFORMADOS (marmeladas, conservas vexetais, sidra, viño) ECOLÓXICOS.
Itinerarios:
  I.- FORMACIÓN E INTEGRACIÓN LABORAL NA PRODUCCIÓN HORTÍCOLA E ECOLÓXICA.
 II.- FORMACIÓN E INTEGRACIÓN LABORAL EN AGROINDUSTRIA E TRANSFORMADOS.
III.- COWORKING E INICIATIVA EMPRESARIAL.
Información:
Asociación de Desenvolvemento Rural Mariñas-Betanzos Edificio antiga Cámara Agraria
San Marcos, s/n. 15318 Abegondo
tlf.: 981 669 541 / fax: 981 673 574
info@marinasbetanzos
http://proxectoruralemprega.blogspot.com.es/


No hay comentarios: