viernes, 5 de octubre de 2012

GALEUROPA: 50 prazas para a realización de prácticas laborais no estranxeiro

 
MOBILIDADEA Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Traballo e Benestar oferta 50 prazas para a realización de prácticas laborais no estranxeiro, durante unha estancia de 4 semanas, durante os meses de novembro e decembro de 2012.
Os obxectivos deste programa son incrementar as posibilidades  laborais de mozas e mozos galegos desempregados; posibilitar o coñecemento do mundo laboral en diferentes países estranxeiros mediante o desenvolvemento de tarefas profesionais en empresas no país de destino; proporcionar a iniciación e/ou perfeccionamento  das habilidades lingüísticas do idioma do país de destino; e impulsar o desenvolvemento de habilidades persoais de autonomía.


 Prazas:
 Ausburg (Alemaña): 10
Praga (República Checa):  10
Budapest (Hungría): 10
Varsovia (Polonia): 10
Cork (Irlanda): 6
Amsterdam (Holanda): 4
  Sectores:
 Hostalería
Turismo
Comercio
Servizos á comunidade (atención á terceira idade e discapacidade)
Administración
 Destinatarios:
 O programa está destinado a mozos e mozas galegas con idades comprendidas entre 18 e 30 anos
  1. Alemaña: sen formación académica e en situación de desemprego laboral superior a seis meses.
  1. República Checa, Hungría, Polonia, Irlanda e Holanda: titulación universitaria ou ciclo superior de formación profesional, dando prioridade aos interesados con titulación equivalente ou inferior a ciclo medio de formación profesional
Inscricións: O prazo de inscrición estará aberto dende o 5 de outubro ata o 14 de outubro ás 24:00 horas. Os interesados deberán remitir a correo electrónico galeuropa@xunta.es Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo o formulario e o curriculum vitae cubertos que figuran a continuación
Curriculum Vitae
Formulario de Solicitude

Cobertura:

  1. Alemaña:

empresa de acollida
curso de preparación lingüística cultural
aloxamento
manutención
viaxe de ida e volta
seguro de responsabilidade civil de cobertura mínima
titorización personalizada durante toda a estadía.
  1. República Checa, Hungría, Polonia, Irlanda e Holanda:
empresa de acollida
curso de preparación lingüística cultural
aloxamento
axuda de 150 euros para a manutención
axuda de 250 euros para a viaxe de ida e volta
seguro de responsabilidade civil de cobertura mínima
titorización personalizada durante toda a estadía.

Mais información:
galeuropa@xunta.es Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Curriculum Vitae
Formulario de Solicitude
 

No hay comentarios: