miércoles, 24 de octubre de 2012

IX Premio Artes Visuais da Fundación Arena


A Fundación privada Arena convoca o IX Premio Artes Visuais (http://www.fundacionarena.com/plasticas2012e.
php) co obxectivo de contribuír, a través das Artes a divulgar a realidade das persoas de
orientación sexual gay e lésbica para o efecto de sensibilizar á sociedade sobre a necesidade de erradicar
calquera forma de discriminación contra estas.
As especialidades obxecto desta convocatoria son: Pintura e Fotografía.
O tema elixido e a técnica utilizadas serán libres en todas as modalidades.
Os formatos serán os seguintes:
• Pintura: Os cadros deberán presentarse axeitadamente enmarcados e preparados para ser colgados,
e as súas medidas exteriores non superarán o metro por ningún dos seus lados.
• Fotografía: As fotografías poderán ser en cor, branca e negra, virados, etc... E terán un formato máximo de 1 metro por cada un dos
seus lados, debendo presentarse sobre un soporte ríxido. No caso de conxuntos de varias (secuencias por exemplo) que formen unha
soa obra, estes deberán axustarse á medida anterior. Cada fotografía haberá de presentarse enmarcadas, protexidas con cristal ou
outro material protector (termo selado metacrilato etc...) e preparada para ser colgada.
Ao dorso de cada traballo, deberá de levar adherido un sobre contendo a correspondente ficha técnica:
- Título da obra. Nome e apelidos do autor.
- Domicilio, teléfono e correo electrónico. Curriculum artístico. Técnica empregada, soporte utilizado. Ano e dimensións.
Non se poderán presentar obras que xa teñan sildo presentadas noutras convocatorias ou expostas en exposicións individuais ou colectivas.

• Premios:
- Establécese un primeiro e único premio en cada modalidade e categoría:
• Pintura: 3.000 €
• Fotografía: 3.000 €
O prazo para presentar obras estará aberto ata o 3 de decembro de 2012.
Máis información en: www.fundacionarena.com

No hay comentarios: