martes, 23 de octubre de 2012

Programa Think Big para proxectos xuvenís


thing_big_jovenesThink Big é un programa da Fundación Telefónica, que ten como obxectivo fomentar o espírito emprendedor entre a xente nova e axudar aos rapaces e rapazas de entre 15 e 25 anos que presenten ideas orientadas a modificar o seu contexto cotián.
Os proxectos deben contribuír ao desenvolvemento profesional do mozo e mellorar ou beneficiar á sociedade e ao seu ámbito. Non importa o pequena ou grande que sexa a idea: o importante é que axude a máis dunha persoa e sexan proxectos orixinais e positivos, que contaxien entusiasmo.
O prazo para inscribirse está aberto ata o 16 de novembro na webhttp://thinkbigjovenes.fundaciontelefonica.com/
Think Big seleccionará a idea e ofrecerá apoio para poder convertela en proxecto.
Seleccionaranse 100 ideas e os mozos dispoñerán de entre tres e seis meses para desenvolvelos. Think Big achegaralles unha axuda de 400 € para os gastos iniciais; talleres en habilidades emprendedoras, sociais e emocionais; un ámbito de comunicación para dar a coñecer o seu proxecto; e o apoio e seguimento dun experto mentor que será un empregado voluntario do Grupo Telefónica durante todo o proceso.
En 2013 algunhas destas ideas verán a luz como proxectos reais e os mozos poderán solicitar entón unha axuda superior.
Máis información en www.thinkbigjovenes.com

No hay comentarios: