lunes, 1 de octubre de 2012

Cursos de formación para o emprego. Programación 4 / 2012

Data de inscrición:
Dende o 01/10/2012 ata o 11/10/2012
Organizada por:
Concello da Coruña
Requisitos:
  • RESIDIR no termo municipal da Coruña.
  • Estar en situación de desemprego ou mellora de empleo.
Enlace:
Convocatoria e baremo
Cursos de formación ocupacional convocados polo Concello da Coruña.
Inscrición:
A solicitude presentarase no Rexistro Municipal de María Pita, Fórum Metropolitano, Ágora e Centro Cívico de Mesoiro, achegando (carácter obrigatorio) as fotocopias do DNI/NIF , o cartón de demandante ou mellora de emprego, acreditación estudos e cando corresponda a doutros requisitos como titulación, o carné de conducir, etc . deberan achegala xunto coa solicitude. A experiencia Laboral acreditarase o día de entrevista.
A selección do alumnado realizarase mediante proba de acceso e/ou entrevista persoal. A todas as persoas que se presenten ás devanditas probas e/ou entrevistas aplicaráselles un baremo que contempla entre outros datos: idade, tempo de desemprego, experiencia laboral ou beneficiario/a de IPI.
Información:
Centro Municipal de Emprego
Estrada de los Fuertes al Monte de San Pedro 16. 15011 A Coruña
Tel.: 981 184 399
www.coruna.es/emprego

No hay comentarios: