martes, 23 de octubre de 2012

XXVI Concurso Internacional de Piano “Cidade de Ferrol”

pianoferrolO Concello de Ferrol organiza e patrocina o XXVI Concurso Internacional de Piano “Cidade de Ferrol”, que terá lugar en Ferrol entre os días 22 e 29 de novembro de 2012.
O Concurso está aberto aos pianistas de todos os países. Os candidatos deberán ter 16 anos como mínimo e 35 como máximo.
Os gastos de aloxamento, mantenza, desprazamento, etc. correrán a cargo dos concursantes.
Premios:Primeiro Premio: Diploma. 12.000 €
Segundo Premio: Diploma. 6.500 €
Terceiro Premio: Diploma. 4.000 €
Premio ao mellor intérprete de música española : Diploma. 2000 €
Premio “Gregorio Baudot” ao mellor intérprete galego : Diploma e concerto
Non poderán concursar os intérpretes que obtivesen o Primeiro Premio en anos anteriores.
A solicitude do boletín de inscrición deberá facerse á Secretaría do Concurso de Piano “Cidade de Ferrol” e deberá ser remitido a esta, debidamente cuberto.
O boletín de inscrición pode ser substituído por carta asinada pola persoa interesada, na que faga constar:
Nome, apelidos, idade, residencia e nacionalidade.
Centros nos que cursou os estudios; premios obtidos nas súas actividades musicais e un breve currículo da súa vida musical.
Títulos e autores das obras elixidas.
Que coñece as bases deste Concurso, está conforme con elas e acepta as decisións do Xurado.
Remitir a:
Concello de Ferrol. Secretaría do Concurso de Piano “Cidade de Ferrol”
Praza de Armas s/n. 15402 Ferrol. A Coruña
O prazo para presentar a solicitude estará aberto ata o 13 de novembro de 2012.
Máis información en www.pianoferrol.com

No hay comentarios: