miércoles, 17 de octubre de 2012

Concurso musical pola igualdade "Ao mesmo son"




vigoAo mesmo son é un concurso musical organizado pola Concellería de Xuventude do Concello de Vigo, co obxectivo de promover a participación xuvenil a través da música e en pro da igualdade.
Poderán participar todas aquelas persoas de idades comprendidas entre os 13 e os 35 anos que entreguen a ficha dentro do período de inscrición. @s menores terán que entregar unha autorización cuberta polo pai/nai o titor/a.
@s participantes poderán ser grupos ou solistas, que na actualidade non teñan un contrato discográfico. Só poderán facelo aqueles que tivesen autofinanciado unha gravación dun disco, sempre e cando este non fose distribuído comercialmente.
Os temas serán inéditos e farán referencia a temática escollida, a igualdade como punto clave nunha boa convivencia e na resolución de conflitos de parella ou interpersoais. Cada concursante deberá interpretar un tema.
Os temas entregaranse en formato “mp3” e almacenados nunha memoria “USB”.
Os temas escollidos colgaranse na web da Radio Súbete ó Castro www.radiowebsubeteocastro.org para que calquera persoa poida escoitalos. A votación popular se fará a través de Facebook. Só se permitirá un voto por persoa.
Premios:1º Premio: 400€
2º Premio: 300€
3º Premio: 200€
prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 31 de outubro de 2012.
Máis información http://www.xuventudevigo.org

No hay comentarios: