lunes, 1 de octubre de 2012

Premio Roberto Vidal Bolaño ao Espectador

O galardón pretende fomentar a actitude participativa do público teatral mediante a valoración das súas suxestións. O novo galardón, de carácter anual e vinculado á temporada de exhibición do Salón Teatro, publicou a súa primeira convocatoria. O seu obxectivo é recoñecer as achegas dos asistentes aos espectáculos programados no espazo escénico compostelán sede do CDG. Un xurado integrado polos propios traballadores da compañía pública valorará o interese, de todas as suxestións, opinións ou comentarios que os espectadores fagan chegar a través das fichas que poderán cubrir e depositar na caixa que para tal fin se situará á saída de cada unha das representacións. Deste xeito, e segundo o texto da convocatoria, ao final de cada temporada teatral xulgarase “a suxestión máis atinada, a máis brillante, a máis audaz, a máis reflexiva, a máis construtiva…”
As suxestión poderán comezar a depositarse por escrito a partir do inicio da temporada de representacións 2012-2013, que se abre o 5/10/12.
- Convoca:
Consellería de Cultura e Educación

Dotación: O espectador ou espectadora que reciba o galardón conseguirá un abono anual para asistir de balde a todas as funcións do Salón Teatro da seguinte temporada, así como un lote das obras completas de Roberto Vidal Bolaño.
Máis información

No hay comentarios: