lunes, 1 de abril de 2013

XII Certame de artes plásticas Deputación de Ourense para a mocidade


XI_CERTAME_DEPUTACION_OURENSEA Deputación de Ourense convoca o XII Certame de artes plásticas para a mozos ou mozas de entre 18 e 30 anos.
Bases:
Primeira: a convocatoria realízase para as modalidades de pintura, escultura, gravado e calquera outro tipo de expresión artística (vídeo, arte dixital, instalacións, etc.).
Segunda: poderán participar tódolos artistas con idades comprendidas entre os 18 e os trinta 30 anos.
Terceira: a temática será libre, e admitirase todo tipo de tendencia estética. Na realización da obra poderase empregar calquera tipo de técnica e material.
Cuarta: cada concursante poderá participar cun máximo de 2 obras, aínda que pertenzan a distintas modalidades.
Quinta: as obras axustaranse ás seguintes características:
Pintura: non inferior a 1 metro, en calquera das súas dimensións, nin superior a 2 metros.
Escultura: terá unha altura máxima 1,80 m e unha base que non superará 1 m x 1 m.
Gravado e outras expresións artísticas: medidas libres.
Sexta: as obras non poderán estar premiadas con anterioridade en ningún outro certame artístico.
Sétima: establécense os seguintes premios sen distinción de modalidade:
- Primeiro premio; 3.000 €.
- Segundo premio; 2.000 €.
- Terceiro premio; 1.000 €.
- Dous accésits de 500 € cada un; 1.000 €.
As obras entregaranse ou serán enviadas ao Centro Cultural da Deputación de Ourense. Rúa do Progreso, 30, 32003 Ourense.
O prazo de presentación das obras estará aberto ata o día 31 de maio de 2013.
Máis información no BOP de Ourense de 1 de abril de 2013 e en www.depourense.es

No hay comentarios: