miércoles, 3 de abril de 2013

Edugal. Pontevedra 2013


A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estará presente en Edugal. Pontevedra 2013, o II Salón de oferta de Educación e Formación de Galicia que se realizará no Recinto Ferial de Pontevedra os días 12, 13 2 14 de abril de 2013.

No stand de Formación Profesional pódese atopar información e recibir orientación en relación a:
  • Oferta educativa dos ciclos formativos de FP
  • Acceso á Formación Profesional
  • Itinerarios formativos e profesionais
  • Saídas académicas e profesionais
  • Acreditación de competencias, a posibilidade de acreditar oficialmente a túa cualificación profesional se tes experiencia profesional
  • Emprendemento
  • Formación Profesional Dúal

Na zona de exposición tamén estará presente unha representación dos centros de FP e de ensinanza de réxime xeral.
Dentro das actividades formativas FormaEdugal, paralelas ao desarollo da feira de stands realizaranse as seguintes charlas técnicas:
 - "A formación profesional dual e a unión coa empresa", por D. Xosé Manuel Leis. Director do CIFP Politécnico de Santiago
 - "A diversidade da oferta educativa", por D. Jesús Manuel Rodríguez Buján. Xefe do Servizo de Orientación Profesional e Relación con Empresas da Consellería de Ordenación, Educación e ordenación Universitaria.

Pode acceder o programa de actividades na web de Edugal 2013.
Información da Recinto Ferial de Pontevedra: contacto, horarios, localización...

No hay comentarios: