
I CONCURSO DE
FOTOGRAFÍA
Convócase o I Concurso de Fotografía da Residencia do
CIFP A Granxa.

A temática das fotografías será a natureza.
Unha vez vencido o prazo de presentación das fotografías,
o 9 de abril ás 23:59 horas, colgaranse no blog http://residenciacifpagranxa.blogspot.com.es/ entre o 10 e o 11
de dito mes.
A partir de esa data comezarán as valoracións dos vosos
propios compañeiros/as da residencia a través do blog. Para elo poderán deixar
un comentario en cada foto coa nota que lle darán a esa fotografía, a nota numérica
será do 0 ao 10 sen usar decimais. Poderán usar o g+ para recomendala, pero
isto non contará como voto. Os comentarios deberán levar o nome do residente
que a valore e poderán valorar ata 3 fotografías distintas.

Requisitos: Ser residente do centro residencial do CIFP A
Granxa durante o curso 2012-2013.
Prazo de entrega das fotografías: Do 12 de marzo ao 9 de
abril.
Prazo de valoración: do 12 ao 17 abril.
Resolución e entrega de premios: 18 de abril.
No hay comentarios:
Publicar un comentario