miércoles, 3 de abril de 2013

Concurso literario F. Lorenzo Mariño - Maio Cultural de Aguiño 2013



Poderán concorrer escolares do colexios de Aguiño, Carreira e Frións coa finalidade de conmemorar a festa das nosas letras entre os nenos e nenas das parroquias de Aguiño e Carreira (pobos irmáns), de segundo e terceiro ciclo de Educación Primaria, así como nenos e nenas empadroados en Aguiño ou Carreira, aínda que cursen estudos noutro centro educativo, e con idades comprendidas entre os 8 e 13 anos, con traballos en galego e temática orixinal e libre. Establécense dúas categorías, A) de 8 a 10 anos de idade B) de 11 a 13 anos de idade Para cada unha das modalidades a extensión será: POESÍA: Mínimo 10 e máximo 25 versos. PROSA: De 1 a 3 folios Din A4. Poderanse acompañar de ilustracións. Os traballos presentaranse baixo plica, con título, sen sinatura e con pseudónimo. Nun sobre separadamente farase constar o título e o pseudónimo. Dentro del irá o nome do/a alumno/a, idade, curso e colexio ao que pertence. Os traballos e mais o sobre-plica serán introducidos conxuntamente nun sobre maior que indicará por fóra a modalidade, categoría e pseudónimo. As obras entregáranse no Local Parroquial Francisco Lorenzo Mariño (R/ da Igrexa, s/n, Aguiño), na Casa da Cultura de Aguiño (Rúa Castelao, 49) ou no Auditorio Municipal de Riveira (P/ dos Mariñeiros, s/n); tamén se poderán enviar por correo a ACRV Francisco Lorenzo Mariño, R/ Mestre Xosé Sans, nº 21, 15965, Aguiño, Riveira, A Coruña, indicando que é para o “CERTAME LITERARIO FRANCISCO LORENZO MARIÑO-MAIO CULTURAL DE AGUIÑO 2013” do 1 de marzo ao 3 de maio de 2013 (inclusive) .

No hay comentarios: