jueves, 25 de abril de 2013

V Concurso de rock “Deputación da Coruña”


guitarraA Deputación da Coruña, convoca o V Concurso de rock “Deputación da Coruña”
Poderán participar todos os grupos de rock da provincia da Coruña que estean formados por músicos novos e teñan, polo menos, un CD editado, e que non fosen premiados en anteriores edicións do concurso.
Os músicos integrantes dos grupos non poderán formar parte de máis dun grupo dos que participen no concurso.
Premios:1º clasificado 3.000 €
2º e 3º clasificado 1.500 €
4º e 5º clasificado 1.000 €
As solicitudes presentaranse no impreso que se facilitará no Rexistro Xeral, na Sección de Cultura e Deportes e na páxina web da Deputación: http://www.dicoruna.es co impreso enviarase a seguinte documentación:
Relación de compoñentes do grupo e instrumentos.
Certificacións de empadroamento en calquera concello da provincia da Coruña de, polo menos, un terzo dos compoñentes do grupo.
Descrición das súas necesidades técnicas, de montaxe e plano do escenario.
Breve biografía do grupo.
Dossier fotográfico e de prensa
CD ou traballo discográfico, que deberá conter un mínimo de catro temas compostos polo grupo; se o CD tivese máis de catro temas, deberán indicarse os que sexan orixinais do grupo.
O material estará correctamente identificado cos datos do grupo.
O prazo de presentación das solicitudes estará aberto ata o 15 de maio de 2013.
Máis información en http://www.dicoruna.es/cultura/premios/rock

No hay comentarios: