martes, 16 de abril de 2013

Probas Libres para obtención títulos FP (LOE). Convocatoria 2013


Escoita esta páxina empregando ReadSpeaker
As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na citada Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.

Obxecto
A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece no seu artigo 5 que todas as persoas deben ter a posibilidade de se formar ao longo da vida, e que o sistema educativo debe facilitar e as administracións públicas deben promover que toda a poboación chegue a alcanzar unha formación de educación secundaria postobrigatoria ou equivalente. Consonte o anterior, as probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na citada Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.
A listaxe de ciclos obxecto desta convocatoria:

Requisitos das persoas solicitantes
Cumprir os requisitos de acceso establecidos no artigo 36º do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia (para ciclos medios, ESO ou proba de acceso; para ciclos superiores, bacharelato da LOE ou da LOXSE, ou proba de acceso), e ademais:
– Ter 18 anos, para optar aos títulos de técnico.
– Ter 20 anos, para optar aos títulos de técnico superior, ou 19 anos no caso de posuír xa o título de técnico.
Malia o anterior, coa finalidade de facilitar a formación permanente, a integración social e a inclusión de persoas e de grupos desfavorecidos no mercado de traballo, se houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, poderán acceder á realización das probas dos módulos profesionais asociados a unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais as persoas adultas que, sen cumpriren as condicións de acceso, teñan acreditada:
– Experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de dous anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo correspondente.
Con carácter xeral, non estar nin ter estado matriculado/a en ningunha ensinanza do sistema educativo no presente curso académico.
Excepcionalmente, no caso de que houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, poderán acceder á realización das probas as persoas matriculadas polo réxime de persoas adultas para a superación dos módulos profesionais do mesmo ciclo formativo, sempre que os teñan suspensos de cursos académicos anteriores e non se atopen matriculadas neles no curso académico de realización da proba.
Non estar en posesión dun título de formación profesional declarado equivalente ao correspondente título de formación profesional establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, obxecto da proba.

Lugar de presentación de solicitudes
As solicitudes de inscrición para participar nas probas libres de formación profesional presentaranse na secretaría de calquera centro público de formación profesional, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.

Documentación relacionada
  • Impreso de solicitude para as probas libres a ciclos formativos de formación profesional (anexo I).
  • Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, do Instituto Social da Mariña ou da mutualidade laboral en que se teña afiliación, onde conste a empresa, o grupo de cotización e o período de contratación (vida laboral).
  • Certificación da empresa en que se adquirira a experiencia laboral, que reflicta especificamente a duración dos períodos de prestación de servizos, a categoría laboral, a actividade desenvolvida, o período en que se realizara a devandita actividade e os ciclos formativos relacionados (anexo II).
  • Se quen solicita xa ten módulos superados do ciclo formativo, deberá presentar a correspondente certificación acreditativa.
  • Se ten 19 anos e un título de técnico, deberá presentar o depósito do título de técnico (só no caso de solicitar ciclos formativos de grao superior).
  • Se solicita adaptación da proba por recoñecemento de necesidades educativas especiais, xuntará o certificado do recoñecemento do grao de minusvalidez e ditame técnico facultativo.
  • Impreso de solicitude de matrícula, que deberá presentarse logo de resultar admitido/a e durante o período establecido.

Prazo de solicitude de admisión
Unicamente poderá presentar a solicitude de admisión quen cumpra os requisitos de acceso no período da inscrición.
O prazo de presentación de solicitudes de admisión é o seguinte (período ordinario): do 19 ao 30 de abril, ata as 13:00 h.

Solicitudes de inscrición

Documentación e listaxes do procedemento de probas libres
Información e documentación de probas libres 2013.
– Listaxe provisional de solicitantes.
– Listaxe definitiva de solicitantes.
- 1ª adxudicación ordinaria: listaxe de persoas admitidas.

No hay comentarios: