martes, 23 de abril de 2013

Campos de traballo



Data:
reservas das prazas dende o 25-04-2013
Entrada:
A participación nos campos de traballo en Galicia e no estranxeiro ten un custo de 90,00 euros. No resto de comunidades autónomas consultar prezos para cada comunidade.
Esta cota inclúe os gastos de manutención, aloxamento e mais os derivados das propias actividades dos campos (como materiais e algunhas actividades complementarias) así como un seguro médico. A viaxe (ida e volta) ata o lugar da actividade será por conta do voluntario ou da voluntaria.
Nos campos de traballo de Galicia os voluntarios e as voluntarias que pertenzan a familias numerosas terán un desconto do 25% da cota, e os/as que posúan o carné xove dun 10%.
Existen algúns campos do Servizo do Voluntariado Internacional que, pola súa temática, acceso, localización, aloxamento ou calquera outra peculiaridade especial, teñen un custo adicional que deberá ser satisfeito á chegada ao campo.
Requisitos:
  • Para os campos de traballo internacionais a idade mínima son os 18 anos.
  • O prazo para a reserva das prazas comezará o día 25 de abril.
    As inscricións faranse na Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado chamando aos teléfonos 981 544 838, 981 957 115, 881 999 730 e 981 545 696.
    - As prazas en campos de traballo no estranxeiro poderanse solicitar, mentres existan vacantes, ata o 11 de maio (inclusive).
    - As prazas en campos de traballo nas comunidades autónomas poderanse solicitar, mentres existan vacantes, ata o 16 de maio (inclusive).
    - As prazas nos campos de traballo en Galicia, mentres existan vacantes, poderanse solicitar ata tres días antes do inicio da actividade.
Engadir ó meu móbil
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado oferta prazas en campos de traballo que se desenvolverán en Galicia, noutras comunidades autónomas e no estranxeiro ao longo do verán 2013. A convocatoria inclúe campos arqueolóxicos, etnográficos e culturais, ambientais, do audiovisual, de bioconstrución e autoconstrución e de dinamización emprendedora xuvenil.
Consellería de Traballo e Benestar
Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado
Edificio administrativo San Lázaro, s/n, 3.º andar
15781 Santiago de Compostela
Teléfonos: 981 544 838 – 981 545 696 - 981 957 115 - 881 999 730
Servizo de Xuventude e Voluntariado
C.C. Elviña. Rúa Salvador de Madariaga, s/n.
15008 A Coruña
Teléfonos: 881 881 238
http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.html

No hay comentarios: