martes, 16 de abril de 2013

Axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero


Data:

Dende o 06/04/2013 ata o 31/10/2013
Requisitos:
  • Ser muller, maior de idade ou emancipada, vítima de violencia de xénero nunha relación de convivencia e de dependencia económica.
  • Ter cesado a convivencia co agresor no intervalo temporal que comprende os doce meses inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.
  • Estar empadroada e residir en Galicia e, no caso das mulleres estranxeiras, ter permiso de residencia.
  • Carecer de dispoñibilidade de recursos económicos ou ser de contía insuficiente para afrontar unha independencia inmediata do seu agresor e/ou dispoñer dunhas rendas ou ingresos brutos mensuais iguais ou inferiores a 1,5 veces o IPREM vixente, excluída a parte proporcional das pagas extraordinarias.
  • Non poderán ser beneficiarias destas axudas as mulleres que, reunindo estes requisitos, percibiron esta axuda ou a axuda establecida no artigo 27 da Lei orgánica 1/2004, do 28 de decembro, de medidas de protección integral contra a violencia de xénero con anterioridade.
Dotación:
A contía que poderá acadar a axuda establécese en función das rendas e ingresos da solicitante.
Engadir ó meu móbil
A Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza convoca axudas periódicas de apoio a mulleres que sofren violencia de xénero.
Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Adminsitracións Públicas e Xustiza
Secretaría Xeral da Igualdade
Edificio Administrativo de San Lázaro, s/n
Santiago de Compostela
Telf: 981 957 691 - 981 545 351
http://igualdade.xunta.es/
Publicación: DOG 05-04-2013 

No hay comentarios: