lunes, 29 de abril de 2013

I Concurso Fotográfico: Dalle vida ao teu Patrimonio



PDF Imprimir
puente-romano-de-ourenseA Facultade de Historia de Ourense convoca o I Concurso Fotográfico: Dalle vida ao teu Patrimonio.
A intención da Facultade é reunir fotos que amosen os monumentos e sitios con xente recreando diversas actividades relativas á vida deses lugares ao longo da súa historia:
As fotografías acompañaranse dun pé ou comentario creado polo mesmo autor que se inscriba no concurso.
Só se permite una obra por participante.
O concurso está aberto a calquera persoa de calquera idade que sinta respecto e atracción pola Historia e os seus bens patrimoniais.
Presentación:O formato fotográfico será non menos de 300 ppm.
Todas as fotografías deberán ser orixinais e estar libres de dereitos que poidan detentar terceiros.
Documentación a entregar:Un sobre co seudónimo do remitente, no interior incluirá un DVD coa fotografía dixitalizada e unha fotografía impresa (detrás desta deberá figurar tamén o pé de foto e o seudónimo do autor), e un texto breve referente á obtención, contido, explicación científica, técnicas empregadas e manipulación da fotografía.
Outro sobre pechado co nome, apelidos, dirección, teléfono de contacto e correo electrónico do autor.
Lugar de presentación:Persoalmente na secretaría administrativa da Facultade de Historia – Edificio de Ferro - Campus Universitario - 32004 Ourense.
Por correo postal á citada dirección.
PremiosPrimeiro premio: un disco duro externo, de 750 gb con interfaz usb 3.0.
Tres accésits (por determinar).
A data límite para a aceptación das foto-relatos será o día 20 de maio.
Máis información no Decanato da Facultade de Historia no teléfono 988 387 200 (horario de 8:30 a 14:30) ou enviando un e-mail a sdefho@uvigo.es

Ir atrás    Ir arriba

No hay comentarios: