lunes, 22 de abril de 2013

Fomento do emprego dirixido a menores de 30 anos


empleo-jovenesA Consellería de Traballo e Benestar convoca subvencións para a posta en práctica en Galicia de programas integrados para o emprego durante os anos 2013 e 2014, dirixido entre outros colectivos, a menores de 30 anos.
Estes programas de emprego están dirixidos á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral das persoas traballadoras en situación de desemprego mediante a posta en marcha de plans integrais que combinen accións de diversa natureza, tales como información, orientación e asesoramento, formación, práctica laboral, prospección de empresas e intermediación laboral, e mobilidade xeográfica.
Tipos de programas:
A) Programas integrados para persoas desempregadas, preferentemente perceptoras de prestacións ou subsidios por desemprego e pertencentes aos seguintes colectivos prioritarios:
a) Persoas con discapacidade.
b) Persoas desempregadas en risco de exclusión social.
c) Mulleres (especialmente as que acrediten a condición de vítimas de violencia).
d) Menores de 30 anos.e) Persoas desempregadas de longa duración (especialmente os maiores de 45 anos).
f) Persoas inmigrantes.
g) Persoas desempregadas como consecuencia dunha crise empresarial.
B) Programas integrados para persoas desempregadas admitidas ao programa da renda activa de inserción e que subscribisen o compromiso de actividade ou perceptoras da renda de integración social de Galicia.
Entidades beneficiarias:
a) As deputacións provinciais.
b) Os concellos que, por si sos ou asociados, teñan unha media de paro rexistrado no ano 2012 superior a 500 persoas.
c) As mancomunidades, consorcios ou calquera outra forma de agrupación que comprenda, cando menos, tres concellos limítrofes galegos.
d) As entidades sen ánimo de lucro que acrediten experiencia na realización de accións dirixidas ao acompañamento ás persoas en situación de desemprego en procesos de inserción laboral por conta allea ou propia.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 20 de maio de 2013.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TR332A.
Máis información no DOG do 19 de abril de 2013 e en http://traballo.xunta.es

No hay comentarios: