miércoles, 10 de abril de 2013

Promocións Carné Xove: Roteiro Nautilus Illa de San Simón (Ría de Vigo)



  

  
Cartel_Roteiro_Nautilus-Illa-de_San_SimonNAUTILUS é unha actividade de turismo deportivo para a xuventude, relacionado co mar, de fins de semana na Illa de San Simón, no que se levarán a cabo diferentes actividades náuticas como wakeboard ou kaiak de mar e de aire libre como orientación con gps (xeolocalización), ....
Instalacións: Illa de San Simón- Ría de Vigo (Pontevedra). Pernocta na Residencia-Hotel na Illa.
Nº de prazas: 22 por fin de semana.
Datas: 19-21 de abril, 3-5, 17-19 de maio e 31 de maio o 2 de xuño.
Cota de inscrición: 90€. 15% de desconto para os posuidores do carné xove (75€).
Actividades: kaiak de mar, snorkel e seadoo sea scooter, esquí náutico: wakeboard, banana náutica, raid náutico con xeocaching e tiro con arco pola Illa de San Simón.
Equipamento necesario: indispensable saco de durmir. Roupa de abrigo e útiles de aseo. Roupa de praia: bañador, toalla, chanclas ou fanequeiras, traxe de neopreno e/ou licra (no caso de telo). Lentes de sol, viseira e protección solar.
Cobertura das actividades: pernocta e aloxamento entre o venres a tarde e o domingo ata finalizar a actividade. Manutención completa (cea do venres, almorzo, xantar e cea do sábado e almorzo do domingo), desprazamento entre as diferentes actividades e en barco a Illa dende Cesantes, actividades, equipo de monitores/as e material, seguro de RC.
Programa de actividades:
Venres:
  • 19.00 Recepción de participantes.
  • 20.30 Reunión con participantes.
  • 21.00 Cea.
  • 22.00 Velada.
Sábado:
  • 8.45 Erguerse.
  • 9.00 Almorzo.
  • 10.00 Actividades: kaiak, snorkel con seadoo sea scooter e wakeboard.
  • 14.00 Xantar.
  • 16.00 Actividades: kaiak, snorkel con seadoo sea scooter e wakeboard.
  • 20.30 Aseo e ducha.
  • 21.00 Cea
  • 22.00 Velada.
Domingo:
  • 8.45 Erguerse.
  • 9.00 Almorzo.
  • 10.00 Actividades: raid náutico e banana acuática.
  • 14.00 Despedida.
Inscricións e reserva de prazas:
info@marexada.es
Móbil: 670 892307
Búscanos en Facebook e twitter (Marexada. Deporte, lecer e cultura SL).

No hay comentarios: